Domingo, 03 Febreiro 2019 17:44

Natación: Campións Galegos Alevíns en categoría masculina e 14 medallas

O Fluvial de Lugo acaba de proclamarse campión Galego Alevín na categoría masculina no el Campionato Galego Alevín de Inverno disputado este fin de semana na piscina Rias do Sur de Pontevedra.
 
O Fluvial de Lugo logrou impoñerse na clasificación xeral por clubes na categoría masculina por diante do Natación Ferrol, segundo clasificado e do Galaico que foi terceiro. No referente a clasificación conxunta, femenina e masculina, o Fluvial de Lugo foi 5º clasificado.
 
Ademais de isto os nadadores alevines do Fluvial de Lugo lograron facerse cun total de 14 medallas.
 
Na categoría femenina, a gran protagonista foi Lucía Diéguez, que acadou 3 medallas de ouro, nos 400m estilos, nos 200m estilos e en 200m costas e un bronce na proba de 200m braza.
 
Na categoría masculina, Ander Gomez foi bronce nos 200m estilos, 200m mariposa, 200m libres e 400m libres. Hugo Moreno logrou a prata nos 1500m libres, foi bronce nos 400m estilos e bronce en 100m mariposa. Tomás Subirán acadou a medalla de prata en 400m estilos.
 
Ademais o relevo masculino formado por Ander Gomez, Tomás Subiran, Antón Nuñez e Hugo Moreno foi medalla de ouro na proba de 4x200m libres e bronce nos 4x100m libres.