Mércores, 20 Febreiro 2019 10:21

Natación: terceira xornada Liga Benxamín

Este pasado sábado disputouse na piscina municipal de Xove la terceira xornada da Liga Galega Benxamín, onde os nadadores do Fluvial realizaron unha notable actuación impoñendose en cinco das probas disputadas. 
André Monero logrou vencer nos 100m braza e 50m costas masculinos, Manuel Gandoy nos 100m libres masculinos e Adrián Mendez nos 50m bolboreta masculinos.
Na categoría femenina, Alicia García venceu nos 50m costas.