Luns, 11 Marzo 2019 15:53

Natación: 9 medallas na última xornada do Campionato Provincial

Os nadadores do Fluvial de Lugo regresaron este pasado sábado de Xove con 9 medallas tras a disputa da derradeira xornada do Campoonato Provincial.

Na categoría masculina, Borja Alvarez impuxose nas probas de 200m estilos, 200m costas e 50m bolboreta. Diego Martinez logrou o ouro en 100m libres e a prata en 50m bolboreta. Martín Pardo foi prata en 200m estilos e  bronce en 100m braza.

Na categoría femenina Andrea Santoalla conseguiú o bronce na proba de 200m libres.

Unha vez concluida a derradeira xornada do Campionato provincial, Borja Alvarez rematou primeiro na clasificación masculina por puntos FINA, logrando o Campionato Provincial. O seu compañeiro Diego Martinez foi segundo e  Martín Pardo, tercero.