Domingo, 31 Marzo 2019 23:22

Natación: O Fluvial segundo na derradeira xornada da fase previa da Liga de Clubes de Primeira División

O Fluvial venceu en cinco probas nesta derradeira xornada da primeira fase da Liga de Clubes de Primera División disputada na piscina do Real Club Nautico de Vigo, o que lle permite quedar segundo nesta xornada so superado polo Nautico de Vigo, vencedor da xornada.

Borja Alvarez venceu na proba de 400m estilos, Martín Pardo nos 200m libres e Diego Martinez nos 50m bolboreta. Ademais o equipo masculino de relevos logrou vencer nos 4x50m libres e nos 4x100m estilos.

Tras finalizar a fase previa o Fluvial queda terceiro na clasificación por clubes, polo que ten asegurada a permanencia e dalle dereito a disputar o título na Fase Final que terá lugar o próximo 27 de abril na piscina do Real Nautico de Vigo, onde se enfrenará a Nautico de Vigo e Natación Ponteareas.