Imprimir esta páxina
Martes, 13 Febreiro 2018 10:46

Carlos Villamor e Marta Casanova Gañadores da XXIII San Silvestre

Carlos Villamor e Marta Casanova reeditaron o seu triunfo da carreira de 2016 e despediron o 2017 cunha vitoria na edición número 23 da San Silvestre do Club Fluvial, que reuniu na capital lucense a uns 700 corredores. Villamor detivo o cronómetro en 20.21 minutos. O atleta gañou a proba por diante de Nicolás Arroxo (20.52) e o terceiro posto foi para Alejandro Álvarez (21.18). A categoría feminina estivo dominada por Marta Casanova, que realizou unha marca de 22.47 para alzarse coa primeira posición, superando a María Furtado en case dous minutos. Ana Abuín entrou terceira (26.14).p>