Últimas Novas do Club Fluvial de Lugo

 

Novas Destacadas

Martes, 13 Febreiro 2018 10:53

O CLUB FLUVIAL DE LUGO, PRESENTE NA XXXV GALA NACIONAL DE PIRAGÜISMO

O Club Fluvial de Lugo estivo representado na XXXV Gala Nacional de Piragüismo, celebrada onte no auditorio Alfredo Goyeneche, do Comité Olímpico Español (COE), organizada pola Federación Española de Piragüismo.

Ata Madrid acudiron o presidente do club, Tito Valledor, o directivo do Fluvial, Álvaro Gasalla, e o director técnico da sección de Piragüismo do club, Andrés Román Mangas. En esta gala a Federación Española de Piragüismo entrega os galardóns anuais, que nesta ocasión foron a parar a Marcus Cooper Walz, campión olímpico en 2016 e mundial en 2017, e Adriana Paniagua, dobre finalista no Campionato do Mundo dese ano.

O deportista español gañador do maior número de medallas olímpicas, o canoista galego David Cal, e o cuádruplo medallista olímpico, o kayakista catalán Saúl Craviotto, estiveron presentes para entregar algúns dos trofeos xunto ao presidente da Federación Española de Piragüismo, Juan José Román Mangas, e o seu homólogo da Federación Internacional, José Perurena.

Foto: De esquerda a dereita, o presidente da Federación Española de Piragüismo, Juan José Román Mangas; o seu irmán e director técnico de piragüismo do Fluvial, Andrés Román Mangas; o piragüista Saúl Craviotto; e os directivos do Fluvial, Perico Valedor e Álvaro Gasalla.

Buscar en Club Fluvial

« December 2018 »
Mon Tue Wed Thu Fri Sat Sun
          1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31