Piragüismo

Piragüismo (36)

Últimas noticias de la sección de Piragüismo

Miguel Fernández, Tito Valledor e Andrés Román presentaron, un ano máis, esta formación deportiva que se realizará ao longo dos meses de xuño, xullo, agosto e setembro nas instalacións do Club Fluvial Nesta ocasión, e debido á demanda das edicións anteriores, os Cursos de Piragüismo 2018 amplíanse nun mes máis de aprendizaxe cun total de 25 persoas por quenda. O prazo de inscrición ábrese o luns, tanto na área de deportes como no Club

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, xunto ao Presidente do Club Fluvial, Tito Valledor e o Responsable de Piragüismo da entidade, Andrés Román, presentaron este xoves, na Sala de Usos Múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, os cursos de piragüismo 2018, organizados polo Concello e o Club Fluvial, co fin de ofrecer a nenos e nenas dende 9 anos de idade a posibilidade de iniciarse neste deporte tan arraigado na cidade.

No acto de presentación, Miguel Fernández, destacou que ademais de practicar o piragüismo os rapaces e rapazas participantes poderán facelo gozando da contorna natural do Río Miño. Nesta liña, o edil sinalou que “a cota do curso é de 30 euros e realizaranse ao longo dos meses de xuño, xullo, agosto e setembro en tres quendas diferentes: quenda 1 de 12:00 a 13:00 horas; quenda 2 de 17:00 a 18:00 horas e unha última de 18:00 a 19:00 horas”.

Os nenos e nenas interesados en inscribirse poden recoller e cubrir a solicitude na Concellería de Deportes ou no Club Fluvial, lugar onde deberá entregarse o folleto informativo cuberto (a partir do luns 14 de maio), dúas fotos de carné e unha fotocopia do DNI. Ademais deberán cumprir cos seguintes requisitos: ter unha idade mínima de 9 anos, saber nadar de forma autónoma como mínimo 50 metros e dispoñer de roupa deportiva para a realización da actividade. Nesta ocasión, e debido á demanda das edicións anteriores, os Cursos de Piragüismo 2018 amplíanse nun mes máis cun total de 25 alumnos por quenda.

Esta formación deportiva ofrece aos e ás participantes a posibilidade de practicar deporte estando en contacto directo coa natureza, navegar en calquera tipo de auga e competir nas diversas modalidades do piragüismo, podendo alcanzar cotas máis altas.

Tito Valledor destacou que o Club Fluvial “pon a disposición dos cativos e cativas participantes instalacións de primeiro orde, a beira do río, con vestiario, ximnasio, hangar de embarcacións, embarcadoiro e un espazo natural pechado para xogar o aire libre. Ademais haberá piraguas tanto de iniciación coma de competición, medios de seguridade, chalecos salvavidas ademais de adestradores e monitores especializados”.

Isaac Toro fue sexto en la final de K1 200 y Angie Cardona logró dos quintos puestos en las pruebas de C1 en las que compitió

El Club Fluvial de Lugo estuvo presente este fin de semana en el campo de regatas de Trasona (asturias) para disputar la II Copa de España de Esprint Olímpico. En total medio centenar de palistas de 76 clubes han participado en la Copa, en las categorías sénior, júnior y paracanoe. El campeón olímpico y palista del Fluvial, Isaac Toro disputó la final de K1 200 logrando un sexto puesto. Además, ante la lesión de su compañero de K2 en la misma distancia, Toro paleó con su compañero de club Francisco Vázquez, un veterano de 57 años poseedor de una treintena de medallas en campeonatos del mundo de veteranos. Vázquez y Toro disputaron la citada prueba de K2 200, quedando así a dos puestos del pase.

Por su parte, Angie Cardona también firmó una muy buena actuación al lograr dos quintos puestos en las pruebas de C1.

  • Rivera Capón presentou este martes o campionato que se celebrará durante os meses de maio a setembro nos Concellos de Lugo, Ribadeo, Cervo e Viveiro
  • Rivera Capón subliñou que “somos a administración que máis colabora co piragüismo da provincia, pois tan só o ano pasado achegamos máis de 210.000 euros a promoción deste deporte coa posta en marcha do novo hangar de piraguas de Foz, as axudas para os clubs da provincia e as becas para piragüistas lucenses”
  • O organismo provincial achega 20.000 euros para a celebración deste campionato, co que promover o deporte base, ademais de dinamizar a economía dos Concellos da provincia nos que se celebrarán as seis probas das que consta a Liga
  • As embarcacións de todas as probas son individuais, tanto K1 coma C1, e participan as categorías veterano, sénior, xuvenil, cadete, infantil A, infantil B, alevín A, alevín B, e benxamín, tanto masculinas como femininas

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, o Presidente da Federación Galega de Piragüismo, José Alfredo Bea García, e o Delegado da Federación en Lugo, Martín Carballo Méndez, presentaron este mércores a VIII Liga Provincial de Piragüismo, que terá lugar entre os meses de maio e setembro, nos Concellos de Lugo, Ribadeo, Cervo e Viveiro. O organismo provincial achega 20.000 euros para a celebración deste campionato, co que promover o deporte base, ademais de dinamizar a economía dos Concellos da provincia nos que se celebrarán as diferentes probas.

No acto tamén participaron representantes dos sete clubs da provincia que participan na competición: Manolo Castiñeiras, do Club Fluvial de Lugo; Sabela Castro, do Cidade de Lugo; Nicolás Docal, do Club Kayak de Foz; Marcos Illanes, do Club de Piragüismo de Viveiro; Iván González, do AD San Ciprián; e Alejandro Guitian do Club de Piragüismo Altruan.

Rivera Capón subliñou que “a Liga Provincial de Piragüismo cumpre oito edicións como un evento deportivo totalmente consolidado. Ao igual que en anteriores anos, máis de 250 pedaxeiros lucenses, de todas as idades, participarán en cada unha das seis probas programadas ao longo da primavera e o verán. Unha cifra á que debemos sumar os espectadores que se achegan a presenciar o espectáculo das regatas, e os familiares dos participantes, o que suporá unha importante contraprestación económica para os Concellos, dinamizando a actividade das vilas durante as fines de semana en que se celebre cada proba”.

O Deputado de Deportes lembrou que “somos a administración que máis colabora co piragüismo da provincia, pois tan só o ano pasado achegamos máis de 210.000 euros a promoción deste deporte coa posta en marcha do novo hangar de piraguas de Foz, as axudas para os clubs de piragüismo da provincia e as becas para padexeiros lucenses”. Categorías e calendario de regatas As embarcacións de todas as probas son individuais, tanto K1 coma C1, e participan as categorías veterano, sénior, xuvenil, cadete, infantil A, infantil B, alevín A, alevín B, e benxamín, tanto masculinas como femininas.

As probas teñen lugar sobre un percorrido de 5.000 metros para as categorías de veteranos, sénior, xuvenil, cadete con un tempo de control de 5 minutos, de 3.000 metros para categorías infantil A e infantil B con un tempo de control de 5 minutos, e 1.500 metros para alevín A e alevín B con un tempo de control de 5 minutos, e benxamín con un tempo de control de 9 minutos.

O calendario de regatas é o seguinte:

CALENDARIO de REGATAS

Data Regata
1 de maio 1ª Regata Provincial Club Cidade de Lugo (Lugo)
17 de maio 2ª Regata Provincial Club Fluvial (Lugo)
10 de xuño 3ª Regata Provincial Club Piragüismo Altruan (Ribadeo)
7 de xullo 4ª Regata Provincial Club Deportivo San Ciprián (San Ciprián)
8 de agosto 5ª Regata Provincial Club Piragüismo Viveiro (Viveiro)
9 de setembro 6ª Regata Provincial Club Kayak de Foz (Foz)

Os piragüistas das categorías de cadete e infantil participarán nas probas de k1 5.000 e k1 3.000, respectivamente

O Fluvial de Lugo convocou a oito piragüistas do club para viaxar este fin de semana a Mallorca onde disputarán o Campionato de España de Novas Promesas nas categorías cadete B e A e infantil A e B. A cita terá lugar na localidade malloquina de Alcúdia.

Os piragüistas que disputen as probas de K1 na categoría cadete, deberán cubrir unha distancia de 5.000 metros, mentres que os de infantil farán o propio en 3.000.

Na regata de cadete B tomarán parte Adrián Neira Real, Ignacio González Matilla e Abatu Vázquez Soilán, mentres que o seu compañeiro de equipo Samuel Quiroga Rodríguez disputará a proba de cadete A.

Na categoría infantil, o Fluvial estará representado por Alejandro Copa Pardo e Samuel Fernández Docherty, que participarán nas probas de infantil B, e por Aitana Balbas García e Roi Blanco Pociña, en infantil A K1.

El presidente de la Real Federación Española de Piragüismo, Juan José Román Mangas, visitó esta mañana el Club Fluvial de Lugo, en la que ha sido su primera visita institucional al club lucense. Además de darle a conocer la infraestructura y dotaciones del Fluvial, la visita de hoy sirvió para tratar sobre la posibilidad de que el club lucense pueda acoger un campeonato de España, una copa nacional o una medio maratón de piragüismo, una idea en la que el Fluvial lleva tiempo trabajando.

Román Mangas realizó un recorrido por el club y por las nuevas instalaciones inauguradas hace unos meses, en compañía del Presidente del Fluvial, Tito Valledor, de otros miembros de la directiva y del director técnico de la sección de Piragüismo del club, Andrés Román Mangas.

Antes de iniciar el recorrido por las instalaciones, el máximo responsable de la RFEP recibió el máximo galardón que otorga el club, la réplica en cerámica de Sargadelos del edificio primigenio del Fluvial, y firmó en el Libro de Honor de la entidad deportiva.

El equipo senior femenino se hizo con la victoria, al igual que Angie Cardona en C1 senior, y Francisco Vázquez en K1 de veteranos

El equipo de piragüismo del Club Fluvial de Lugo empezó de la mejor forma la temporada y su vuelta a la competición de alto nivel con tres oros en el Campeonato Gallego de Invierno por Embarcaciones de Equipo, disputado esta mañana en el embalse ourensano de Castrelo de Miño.

Los triunfos fueron para Angie Cardona Casas, en C1 senior; para el veterano de K1 Francisco Vázquez Redondo, y para el equipo femenino senior, que se hizo con la victoria por delante de Ría de Aldán y As Torres. Un total de 49 clubes de toda Galicia se dieron cita para disputar el que es el primer test de la temporada, al que el Fluvial acudió con 21 palistas. La buena actuación de los palistas del club lucense también hizo que en la clasificación general por equipos el Club Fluvial de Lugo lograra la séptima posición.

En categoría fememina, las piragüistas luceses también destacaron de forma individual. Nora Rey logró entrar en el cuarto puesto; Carmen Villar, en octava posición, mientras que Lucía Valiña cruzó la meta en la posición décimo cuarta. Sus compañeros de equipo también tuvieron una buena actuación, aunque ocuparon puestos más bajos en la clasificación general. Al margen de los senior, el equipo del Fluvial logró muy buenos resultados en la categoría de veteranos, donde además del mencionado oro de Francisco Vázquez, en categoría de 55 a 59 años, Ulises Dieguez Aranda se hizo con un cuarto puesto y David Armesto Rodríguez, llegó noveno, ambos en la categoría de 40 a 44 años.

O Club Fluvial de Lugo estivo representado na XXXV Gala Nacional de Piragüismo, celebrada onte no auditorio Alfredo Goyeneche, do Comité Olímpico Español (COE), organizada pola Federación Española de Piragüismo.

Ata Madrid acudiron o presidente do club, Tito Valledor, o directivo do Fluvial, Álvaro Gasalla, e o director técnico da sección de Piragüismo do club, Andrés Román Mangas. En esta gala a Federación Española de Piragüismo entrega os galardóns anuais, que nesta ocasión foron a parar a Marcus Cooper Walz, campión olímpico en 2016 e mundial en 2017, e Adriana Paniagua, dobre finalista no Campionato do Mundo dese ano.

O deportista español gañador do maior número de medallas olímpicas, o canoista galego David Cal, e o cuádruplo medallista olímpico, o kayakista catalán Saúl Craviotto, estiveron presentes para entregar algúns dos trofeos xunto ao presidente da Federación Española de Piragüismo, Juan José Román Mangas, e o seu homólogo da Federación Internacional, José Perurena.

Foto: De esquerda a dereita, o presidente da Federación Española de Piragüismo, Juan José Román Mangas; o seu irmán e director técnico de piragüismo do Fluvial, Andrés Román Mangas; o piragüista Saúl Craviotto; e os directivos do Fluvial, Perico Valedor e Álvaro Gasalla.

Páxina 3 de 3

Patrocinadores