• 1
  • 2
  • 3

¿Qué é o Club Fluvial de Lugo?

Vista Club Fluvial Lugo desde Río Miño

Caracter social e sin ánimo de lucro

Ten como obxecto e finalidade primordial o fomento entre os seus asociados de toda clase de actividades e prácticas deportivas, culturais, recreativas e turísticas, sen ánimo de lucro.

Socios

O Club Fluvial de Lugo está considerado como unha peza fundamental na vida social de Lugo e os seus habitantes. Dita consideración xustifícase tanto polas súas case 80 anos de antigüidade (en 1935 creouse o Centro de Iniciativas e Turismo que en 1957 pasou a chamarse CLUB FLUVIAL DE LUGO), como polo seu elevado número de socios, que hoxe alcanza a cifra de 14.598 entre socios titulares e beneficiarios, aínda que nalgún momento chegou a contar con máis de 22.000 beneficiarios, é dicir, un cuarto da poboación da cidade.

Deporte

No aspecto deportivo, o club comezou co Piragüismo pero, aos poucos, foi incorporando novas especialidades deportivas ata chegar ás 7 seccións coas que conta na actualidade: Piragüismo, Natación, Tenis, Atletismo, Deporte de Orientación, montañismo e Tríatlon. Cabe destacar que dos equipos de competición do Club Fluvial han saído unha gran cantidade de deportistas, algúns dos cales tiveron proxección e éxitos a nivel internacional, como o caso dalgúns dos piragüistas e triatletas do club.

Parque Natural e Camiño Primitivo de Santiago

O Club Fluvial está situado no Camiño Primitivo de Santiago, dentro do Parque Natural "Terras do Miño".

Un entorno de increible beleza natural:

  • Desde 2002, en contorna do Club Fluvial, é RESERVA DA BIOSFERA, e goza de especial protección debido á súa singularidade.
  • A beiras do Miño, e inmediacións dos ríos Intre e Mera, máis de 40 km de senllas fluviais, ideais para a práctica do sendeirismo, carreira pedestre, bicicleta, etc
  • Encravado no Camiño Primitivo de Santiago, e a 20 km do Camiño Francés en Portomarín.
  • Sobre o Río Miño, unha enorme zona recreativa idónea para o baño e a práctica de deportes náuticos.
  • A poucos metros do Monte Segade e Penarrubia, paraiso dos amantes da bicicleta de montaña.
  • A 500 metros da restaurada Ponte Romana , Calzada Romana de Lugo e Termas Romanas, onde ademais, ofrecen os seus servizos varios establecementos hostaleiros.
  • Practícase a pesca, nunha contorna non acoutada, durante os meses non vedados.
  • E todo iso, a 30 minutos a pié do centro urbano de Lugo.

Parque Natural Terras do Miño