Imprimir esta páxina

¿Qué é o Club Fluvial de Lugo?

Vista Club Fluvial Lugo desde Río Miño

Caracter social e sin ánimo de lucro

Ten como obxecto e finalidade primordial o fomento entre os seus asociados de toda clase de actividades e prácticas deportivas, culturais, recreativas e turísticas, sen ánimo de lucro.

Socios

O Club Fluvial de Lugo está considerado como unha peza fundamental na vida social de Lugo e os seus habitantes. Dita consideración xustifícase tanto polas súas case 80 anos de antigüidade (en 1935 creouse o Centro de Iniciativas e Turismo que en 1957 pasou a chamarse CLUB FLUVIAL DE LUGO), como polo seu elevado número de socios, que hoxe alcanza a cifra de 14.598 entre socios titulares e beneficiarios, aínda que nalgún momento chegou a contar con máis de 22.000 beneficiarios, é dicir, un cuarto da poboación da cidade.

Deporte

No aspecto deportivo, o club comezou co Piragüismo pero, aos poucos, foi incorporando novas especialidades deportivas ata chegar ás 7 seccións coas que conta na actualidade: Piragüismo, Natación, Tenis, Atletismo, Deporte de Orientación, montañismo e Tríatlon. Cabe destacar que dos equipos de competición do Club Fluvial han saído unha gran cantidade de deportistas, algúns dos cales tiveron proxección e éxitos a nivel internacional, como o caso dalgúns dos piragüistas e triatletas do club.