Non para de darnos alegrías Ana Cernadas e a de hoxe ven en forma de convocatoria.

Despois de lograr un bronce e acadar un récord galego e unha mellor marca galega de 17 anos nos Campionatos de España Open, a nadadora do Club Fluvial entra na selección da @refen que competirá nos Europeos Junior que terán lugar en Roma do 6 ao 11 de xuño.